A publicidade como modelo de negocio na Internet centrará a vindeira edición de Iniciador Galicia

mércores, 8 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

Antonio Ortiz durante a edición de 2010 do EBE

O vindeiro 17 de febreiro Iniciador Galicia trasládase ao Instituto de Formación Financeira e Empresarial de San Pedro de Nós (Oleiros) para un interesante relatorio sobre modelos de negocio na Internet baseados en publicidade impartido por Antonio Ortiz, co fundador de Weblogs S.L., compañía na que desenvolve funcións de director editorial e de estratexia en liña.
Ortiz tamén é autor do blog Error500, unha das preto de 40 publicación en liña coas que conta Weblogs S.L., coa que a finais do ano pasado conseguiron chegar a un total de 12 millóns de usuarios únicos e máis de 80 millóns de páxinas vista. A compañía tamén encárgase da elaboración de blogs corporativos para empresas como Coca Cola, BBVA, Sage ou ING Direct.
Este encontro de balde (ao que é preciso inscribirse a través de Facebook ou por correo electrónico) está patrocinado por Startup Weekend Galicia, evento de emprendedores tecnolóxicos que terá lugar en A Coruña entre os días 24 e 26 de febreiro.