A nova pelÃcula de Mulán estrearase directamente en Disney+
martes, 4 de agosto do 2020
A pandemia
levou ao peche das salas de cine a nivel mundial, provocando que incluso moitas
pelÃculas que estaban en carteleira pasasen ao mercado doméstico de xeito moi
anticipando, sendo especialmente rechamante o caso de Trolls 2: Gira Mundial,
que tivo unha estrea dixital durante o confinamento, conseguindo un volume de
ingresos tan elevado que provocou un grande malestar entre as grandes cadeas de
cines, que ameazaron aos estudios con non distribuÃr as súas producións sen apostaban
pola estrea simultánea en cine e dixital, de aà que resulta rechamante que
finalmente Disney desbotase os seus plans de estrear en cines a versión en
acción real de Mulán, filme no que tiñan postas grandes esperanzas, pero
que tras reprogramar a súa estrea en diversas ocasións decidiron
que o 4 de setembro vaia estrearse en Disney+, pero non un filme incluÃdo
na subscrición do servizo, senón que os interesados en vela terán que pagar un
extra de 29,99 dólares. Nos mercados onde non estea dispoñible Disney+ Mulán poderá verse en salas cinematográficas.
Estamos ante un importante paso para Disney, que reacciona asà a unha situación
moi complexa que afecta a todas as súas liñas de negocio, estando especialmente
tocados os seus negocios presenciais (como os parques de atraccións) de aà que
non deberÃa sorprender que queiran mellorar os seus resultados nos negocios
dixitais. O importante desta estrea é que permitirá coñecer a receptividade do
mercado a facer pagamentos elevados para alugar filmes dentro da fiestra temporal
destinada aos cines, o que poderÃa mudar os modelos de negocio de xeito global,
pois tampouco podemos obviar que no caso da Disney as salas de exhibición non
están nunha posición de forza, xa que actualmente Disney é a compañÃa que
controla a meirande parte de superproducións que xeran máis cartos nos
despachos de billetes (xa que, aparte das producións tradicionais de Disney,
tamén ten as franquÃas de Star Wars, Marvel e Fox).
