A linguaxe BASIC cumpre 50 anos
venres, 2 de maio do 2014

- O BASIC de Microsoft viña integrado nos ordenadores MSX
Na xornada de onte celebrouse o 50º aniversario do nacemento
do BASIC, unha linguaxe de programación deseñada por John G. Kemeny e Thomas E. Kurtz que revolucionou o
sector da informática pola súa facilidade de uso e interactividade (de feito o
seu nome é un acrónimo que significa código de instrucións simbólicas de
propósito xeral para principiantes), colocando a programación ao alcance da
man, especialmente nos anos 80, cando os ordenadores persoais incluÃan un
intérprete de BASIC.
Entre as compañÃas que popularizaran as súas versións de BASIC destacaba
inicialmente Micro-Soft, que tiña o seu intérprete para ordenadores Altair, para
que máis adiante dese pé ás versións de BASIC para ordenadores de Commodore de
8 bits, o célebre MSX BASIC e incluso o Applesoft BASIC (para a familia de
ordenadores Apple II), asà como versións para ordenadores PC compatibles. Pese a
ser unha linguaxe moi limitada, a súa simplicidade e sona fixo que a primeiros
dos anos 90 emerxese unha versión gráfica, o Microsoft Visual Basic e incluso o
Microsoft Office incorporou un dialecto de Visual Basic (VBA) como linguaxe
para programar macros, de xeito que o que poderiamos considerar como unha
linguaxe menor, conseguiu manter a súa vixencia ata hoxe en dÃa, xa que o
Visual Basic .NET é unha das linguaxes máis empregadas dentro da plataforma
.NET de Microsoft.
