A aplicación de receitas de Windows 8.1 dá o salto ao móbil

xoves, 30 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Unha das aplicación que pode sorprendernos máis tras adquirir un equipo con Windows 8.1 é a de Comida e bebida de Bing, que axuda a descubrir receitas e facilita a escolla de viños e cócteles e parece que está a ter unha aceptación moi boa entre o público, pois Windows Phone 8 vén de recibir unha versión de proba desta aplicación baixo o nome de Recetas de Bing Beta, que é practicamente unha versión para pequenas pantallas da súa irmá maior recollendo numerosas receitas con fermosas fotografías e ferramentas de utilidade como a posibilidade de organizar coleccións ou de elaborar listaxes da compra.
A opción desta aplicación que non está presente na súa versión móbil é a de empregar a cámara do equipo para poder moverse entre os distintos pasos dunha receita a xeito de mans libres como acontece coa versión para ordenadores e tablets, e que resulta moi cómodo nas cociñas, onde é difícil ter as mans o suficientemente limpas como para poder tocar a pantalla dun tablet.