A alternativa a Twitter de Meta verá a luz o xoves
martes, 4 de xullo do 2023
Meta leva meses
traballando nunha alternativa a Twitter chamada Threats, que hai pouco deixouse ver na
tenda de aplicacións de Google e agora tamén ten ficha na
App Store estadounidense, confirmando que o seu lanzamento é inminente,
probablemente para aproveitar a actual crise de Twitter, na que os lÃmites
impostos aos usuarios poden provocar unha fuxida en desbandada.
O lanzamento da nova aplicación nos EE.UU. estarÃa programado para o vindeiro
xoves ás 16:00, descoñecéndose polo momento se chegará tamén a España de
lanzamento, aÃnda que unha chegada progresiva serÃa bastante previsible e non
deberÃa provocar preocupación aos usuarios de cara a facerse cun nome de
usuario atractivo, xa que Threads empregará a conta de usuario de Instagram, o
que é a principal vantaxe desta futura plataforma social, pois non parte de
cero, senón que conta cunha base de usuarios que multiplicarÃa por catro a de
Twitter.
Nos últimos meses saÃron moitas alternativas a Twitter, sen conseguir ningunha unha
base de usuarios mÃnima para ser relevante, pero Meta conta con grande vantaxe
para poder facer fronte á plataforma de Elon Musk, como ten demostrado no
pasado en Instagram ao copiar a Snapchat coas historias e a TikTok cos Reels.
Resulta bastante curioso que Elon Musk fixese
un comentario irónico sobre o lanzamento de Threads e o feito de que un dos
argumentos desta nova plataforma é que funcionarÃa con sentidiño, desprezando o
feito de que a dirección arbitraria de Twitter é un grande problema para
usuarios, desenvolvedores, profesionais e anunciantes.
