A Xunta de Accionistas de Inditex aproba a fichaxe da presidenta de Microsoft España
martes, 17 de xullo do 2018
Hoxe celebrouse en Arteixo a Xunta Xeral de Accionistas de
Inditex, evento no que o presidente do grupo analizou
o desempeño do proxecto empresarial durante o exercicio 2017, no que a
compañÃa superou os 7.400 puntos de venda en 96 mercados fÃsicos e 47 mercados
en liña, superándose os 25.336 millóns de euros en vendas e os 3.368 millóns de
euros en beneficios.
A presentación das contas de 2017 non foi o único tema da Xunta de Accionistas,
que tamén aprobou a elección de Pilar López, presidenta de Microsoft España,
como membro do Consello de Admnistración coa cualificación de conselleira
independentes, ao igual que a reelección de Rodrigo Echenique na mesma
condición.
A fichaxe da presidenta de Microsoft España propuxérase
hai un mes, no que aseguraban que era un movemento para avanzar na
dixitalización de Inditex, asà como para reducir a antigüidade media dos
conselleiros independentes e incrementar o número de conselleiras do total de
membros do Consello de Administración.
