A Wikipedia en español súmase ás protestas contra a reforma da lexislación europea de dereitos de autor
mércores, 4 de xullo do 2018
Finalmente a Wikipedia en italiano non quedará soa á hora de
protestar contra a reforma da lexislación sobre copyright, e a Wikipedia
en español únese ás accións cun comunicado de seu, no que lembran que a
nova directiva sobre dereitos de autor poderÃa danar seriamente a Internet tal
e como a coñecemos. O escurecemento
da Wikipedia en español manterase ata as 12:00 horas do xoves, ou sexa, do dÃa
no que se vota a polémica proposta.
Dende Wikimedia levan tempo promovendo accións para protexer o acceso ao
coñecemento e a preservación do dominios público, asà como loitando contra
lexislacións que poden considerarse ridÃcula actualmente, como as que limitan o
dereito a empregar fotografÃas en certos lugares públicos (por verse edificios ou
estatuas consideradas con dereitos de autor).
Lembremos que a lexislación contra a que están a realizarse distintas mobilizacións
inclúen compensacións económicas ás ligazóns de Internet que inclúan citas e
tamén establecen filtros automáticos para protexer o copyright, a vez que trasladan a responsabilidade das violacións
dos dereitos de autor aos prestadores de servizo, o que vulnera outras leis
europeas vixentes, de aà que resulte incomprensilbe que a proposta actual
chegase tan lonxe.
