A TDT dálle un importante pulo económico a Televés
luns, 11 de xuño do 2007
Televés
pechou o exercicio de 2006 cunha facturación récord de 192,1 millóns de euros,
o que supón un crecemento do 24,2% con respecto ó exercicio anterior, explicándose
esta evolución nas cifras do negocio na aposta pola empresa compostelá na
implantación da Televisión
Dixital Terrestre, comercializando xa un millóns de antenas para a adaptación
da TDT, aÃnda que tamén comercializaron adaptadores para a recepción e
distribución do sinal da nova televisión.
Actualmente Televés é o único fabricante español de receptores de TDT, aÃnda
que tamén destaca a súa actividade de I+D na alta definición, a televisión polo
móbil e mesmo un sistema domótico baseado no terminal de telefonÃa móbil coma
controlador.
