A Rede CeMIT renova a súa páxina web para achegarse aos seus usuarios
luns, 21 de maio do 2012
A Rede de
Aulas para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT) da Xunta conta
desde esta semana web renovada que simplifica o acceso a toda a información
relacionada coas actividades dos seus 98 centros e incorpora novos servizos,
que facilitan os trámites en liña aos usuarios.
O novo portal da Rede CeMIT permite a aos
cidadáns solicitar a súa alta como usuarios en liña, e reservar praza nas
distintas actividades programadas, chegándolle a confirmación da matrÃcula vÃa
e-mail. Outra das novidades é que os usuarios da Rede poderán ver o seu
historial académico e cumprimentar as enquisas de satisfacción asociadas ás
actividades nas que participaron a través da web.
Ademais, as melloras no portal permiten unha
actualización a tempo real das actividades programadas dentro das aulas da
Rede. Con esta novidades alcánzase unha automatización dos procesos de xestión
e un maior achegamento a toda a cidadanÃa.
