A Marvel animará comics para vendelos a través de iTunes
mércores, 11 de febreiro do 2009

- Astonishing X-Men será a primeira serie en animarse para iTunes
Durante a New
York Comic Con anunciaron que Marvel Comics está a traballar no desenvolvemento
de comics
animados para vender a través de iTunes,
para aproveitar o potencial do iPhone e o iPod Touch coma dispositivos de lectura,
o que comezará cos 10 primeiros números da serie Astonishing X-Men, de Joss Whedon e John Cassaday.
Este novo produto non será un cómic, nin debuxos animados, senón que conformará
un proxecto de natureza hÃbrida, o que xa se puido ver en moitas ocasións con
pouco éxito, e incluso se editaron en España varios video comics en DVD no ano 2004 quedando totalmente no
esquecemento.

- A serie X-Men: Evolution xa está á venda en iTunes
Lembremos que a animación de comics é unha técnica moi vella, á que se recorrÃa
como un xeito de produción barata de animacións, pero as experiencias previas
non terÃan por qué ensombrecer esta nova aposta da Marvel, que poderÃa atopar
en iTunes unha plataforma na que este tipo de produtos teñan algunha saÃda.
Incluso a propia editorial vén de anunciar que a súa serie de animación
(emitida previamente por televisón) X-Men:
Evolution ten xa as
súas 4 primeiras tempadas á venda en iTunes ao prezo de 1,99 dólares/episodio,
o que poderÃa aproveitar o pulo da actual serie Wolverine and the X-Men, que ten unha liña gráfica moi semellante.
Demostración de cómo se verÃan os video comics
