A Gamescom deste verán será totalmente dixital
mércores, 15 de abril do 2020
Entre
os dÃas 25 e 29 de agosto estaba prevista a celebración da feira de videoxogos máis
importante de Europa, a Gamescom, que
pese ás cancelacións de practicamente toda a axenda global do sector resistÃase
a recoñecer que serÃa imposible de celebrar ata hoxe, cando entrou en vigor a
prohibición da celebración de grandes eventos en toda Alemaña ata que remate o
mes de agosto, levando a que a Gamescom presencial diga finalmente adeus, e
confirmen que celebrarase
de xeito virtual.
Isto quere dicir que a Gamescom non se adiará para despois de agosto, senón que
cancela totalmente a actividade fÃsica, e celebrarase totalmente a través da
Internet, plan no que xa veñen traballando nas últimas semanas en previsión de
que a feira tradicional non puidese ter lugar, facilitando asà que as empresas
participantes poidan realizar os anuncios que tiñan previstos para os dÃas da
feira de videoxogos de Colonia.
A Gamescom tiña confirmada a presenza de compañÃas como Bandai Namco, Bethesda,
Capcom, Electronic Arts, Microsoft, Nintendo, Sega, THQ Nordic, Ubisoft, CD
Projekt Red e moitas outras, que este ano están a ter serias dificultades para atopar
o espazo axeitado para presentar as súas novidades de cara á vindeira xeración de
consolas que teremos na campaña de Nadal. Será interesante ver se realmente
unha feira de videoxogos en liña ten sentido, ou se para as compañÃas resulta
máis efectivo realizar as presentacións de novidades pola súa conta.
