A FAPE renovará a súa web para convertela nunha plataforma para xornalistas blogueiros
xoves, 17 de xaneiro do 2008

- Imaxe da nova web da FAPE
A Federación de
Asociacións de Periodistas de España (FAPE) presentou onte a nova web que
baixo o dominio periodistasfape.es
ofrecerá ós preto de 15.000 xornalistas asociados a posibilidade de crear os
seus propios mediablogs con texto,
audio, vÃdeo, fotografÃas e a posibilidade de locución, asà como de dispor da súa
propia biblioteca dixital e compartila cos usuarios. Os contidos alà publicados
poderanse licenciar baixo 6 modalidades creative
commons.
O novo espazo foi desenvolvido por maat
Gknoledge e tivo
un custo duns 500.000 euros, contando para tal coa subvención da Unión
Europea e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a través do Programa
ARTE/PYME II.
A plataforma de servizos integrados deseñada para xornalistas estará dispoñible
dende o vindeiro dÃa 28 e conformará o novo
portal da Asociación na que se engloban máis de 50 asociacións de
periodistas. A nova web tamén contará cunha tenda virtual.
