11,2 millóns de dólares para compensar aos damnificados polas filtracións de Ashley Madison
luns, 17 de xullo do 2017
En xullo de 2015 Ashley Madison, páxina web que facilitaba as
infidelidades matrimoniais, padeceu unha impresionante filtración da súa base
de datos de usuarios (uns 37 millóns), e agora a compañÃa propietaria do
servizo en liña, Ruby Corp (antes Avid Life Media Inc.), aceptou
pagar 11,2 millóns de dólares nun acordo xudicial nos EE.UU., cando o
pasado decembro tamén aceptara pagar 1,66 millóns de dólares de multa polos
seus problemas de seguridade, rexeitando recoñecer a súa responsabilidade en
ambos casos.
Co acordo xudicial que veñen de pechar aos prexudicados que teñan ben
documentados os danos causados pola filtración dos seus datos poderán recibir
ata 3.500 dólares, aÃnda que é preciso que antes un xuÃz federal de St. Louis
aprobe o acordo que porÃa fin á demanda colectiva.
